II Certame Coreografíate da AS-PG

28 Set 2022

O Certame de Coreografíate da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.

INSCRICIÓNS

Ata o 21 de novembro de 2022 ás 14:00 horas.

REQUISITOS

As coreografías deberán ser realizadas tomando como base un tema musical en galego do xénero que sexa. No vídeo enviado deberá constar o título e o grupo creador dese tema.

Os vídeos poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD.

O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi. No caso de ser en DVD deberán enviarse ao enderezo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

REMUNERACIÓN

Categoría xeral:

Premio á Mellor Coreografía: dotado de 300€ + Diploma.
2º Premio: dotado con 200€ + Diploma.

Categoría Centros de Ensino:

1º Premio: dotado cun lote de Cds, 200€ e Diploma.
2º Premio: dotado cun lote de Cds, 150€ e Diploma.

 

Páxina web | Bases Convocatoria | Tel: 981 278 259 | Correo-e: informacion@as-pg.gal