Propostas para Nocturnia: Ocio e tempo libre saudable para a mocidade

26 Set 2022

Aberto o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.

Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. As mellores propostas son as que facemos realidade xuntas/os así que, participa!

Nocturnia é un programa de ocio saudable para xente moza, de 12 a 30 anos, así que as propostas e achegas deben adaptarse ao público xuvenil.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

Nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, correo electrónico
Indicar se quen presenta é:
Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
Colectivo non formal
Empresa/autónomo
Presentación persoal ou da entidade (breve biografía e motivación para presentar propostas)

IDEAS OU PROPOSTAS

Título e breve descrición da proposta
Obxectivos da proposta
Duración da actividade/nº horas. As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única
Número máximo de persoas destinatarias
Necesidades técnicas e recursos materiais
Outras consideracións a ter en conta

ORZAMENTO DETALLADO

Datos completos de quen factura
Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta IVA e ou IRPF

 

Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com do 23/09/2022 ao 03/10/2022

Cartaz informativo.

WEB: https://www.coruna.gal/nocturnia

Facebook: https://www.facebook.com/nocturniacoruna

Twitter: https://twitter.com/nocturniacoruna