X Premio Galicia de fotografía contemporánea

26 Set 2022

O Festival Outono Fotográfico, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia convocan este premio que promove a creación dun espazo fotográfico en Galicia mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

Inscricións

Prazo aberto de inscrición ata o 23 de outubro de 2022

Requisitos

Poderá participar calquera autor ou autora que traballe coa fotografía con independencia da súa nacionalidade, tendo en conta que no fallo do Xurado pesará de modo especial a súa inserción no discurso da fotografía contemporánea.
As/os autores/as participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado en calquera data comprendida entre outubro de 2012 e outubro de 2022, e que non fose subvencionado ou obxecto de bolsas na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con total liberdade respecto ao tema e á técnica.

Os proxectos poderán presentarse de dúas formas:

  1. Comprimir os arquivos de toda a documentación solicitada na Base 5ª nun só arquivo (formatos: zip, rar, gz, tar, tar.gz, 7z) que non excederá de 20 Mb, e envialo desde: http://outonofotografico.com
  2. Enviar o arquivo comprimido coa documentación completa solicitada na Base 5ª nun CD, DVD ou pendrive USB, por correo ou por medio de calquera empresa de transporte a: Difusora de Letras, Artes e Idea: Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. San Benito da Veiga 33B [O Cimbro - Costa da Ver] 32711 Sabadelle, Pereiro de Aguiar (Ourense)

Remuneración

Concederase un único premio consistente na produción dunha exposición e/ou a publicación dun libro.

 

Máis información

Páxina web | correo-e: festival@outonofotografico.com | www.facebook.com/outonofotografico

Bases da convocatoria