Buscamos Imaxe. Fundación Dfa

23 Set 2022

Co obxectivo de sensibilizar, reflexionar e poñerse no lugar das persoas con discapacidade, Fundación Dfa convocou un ano máis o concurso ‘Buscamos Imaxe’.

O cartel gañador desta XVI edición será a imaxe da fundación para a campaña do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e expoñerase durante a primeira semana de decembro pola cidade de Zaragoza e Huesca.

Ademais, os dous carteis premiados serán o elemento principal dos calendarios de 2023 da fundación, cunha tirada de 10.000 exemplares.

Non hai límite de presentación de obras por autor/a e poden ser tanto fotografías, como ilustracións ou composicións deseñadas mediante calquera outro tipo de técnica creativa.

Para participar no concurso hai que enviar as obras ao correo electrónico comunicacion@fundaciondfa.es co asunto "Buscamos Imaxe 2022” antes do venres 14 de outubro de 2022.

Premios: Outorgarase un primeiro premio de 600€ e un segundo premio de 300€.

Prazo: ata o 14 de outubro de 2022

https://www.fundaciondfa.es/comunicacion/actualidad/convocatoria-concurso-buscamos-imagen