e-Destrezas, cursos en competencias dixitais

23 Set 2022

O Campus de Vigo (UVigo) ofrece sete cursos de balde para facer avanzar á comunidade universitaria en materia de capacidades tecnolóxicas.
Os curso están dentro do programa e-Destrezas, unha iniciativa coa que a UVigo procura o desenvolvemento e mellora das competencias dixitais de alumnado, PDI e PAS.

Cursos:
Fundamentos de ofimática con Office
Python para principiantes
Iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con Wordpress
Fundamentos de deseño gráfico con Ilustrator e Photoshop
Curso básico de deseño BIM con Revit
Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel
Iniciación as bases de datos. Microsoft Access.

Os cursos, que se desenvolven coa colaboración do Consello Social da UVigo e do Santander, celebraranse en formato virtual a través do Campus Remoto, ata sumar 30 horas, o que inclúe seis sesións de catro horas presenciais e seis horas de traballo non presencial. Ao remate de cada actividade entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

A inscrición no programa de formación e-Destrezas, que este curso acada a súa cuarta edición, pode realizarse a través do Campus Activo da UVigo.

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/conta-atras-nova-edicion-destrezas-sete-propostas-comunidade-universitaria