E-martes na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

23 Set 2022

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocan a xornada de formación práctica dixital (E-martes)

Contidos:
- Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Chave365.
- Sala electrónica de sinaturas.

Desenvolvemento:
Lugar:  Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data:  o martes 11 de outubro de 2022.
Horario: d e mañá e tarde.
Duración:  7 horas lectivas.
Número de prazas:  50.

A inscrición nesta actividade formativa realizarase por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado ata as 23.55 horas do día 4 de outubro de 2022.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 23 de setembro de 2022 e en https://egap.xunta.gal