Bolsas para universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios

22 Set 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 140 bolsas destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe no curso 2022/23 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa «Erasmus+», relacionados cos estudos que está a cursar.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2022/23.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

As solicitude tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED441B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de outubro de 2022
Máis información no DOG do 22 de setembro de 2022 e en www.edu.xunta.es