Bolsa de museografía no Museo ICO

21 Set 2022

A Fundación ICO F.S.P. convoca unha bolsa para prácticas formativas no Museo ICO co fin de capacitar á persoa bolseira na área da museografía e a conservación.

Persoas beneficiarias:
- idade mínima de 22 anos e máxima de 26 anos á data da publicación no BOE do extracto da convocatoria anual.
- grao universitario en Historia da arte, cunha media de expediente académico de 7 ou superior.
- dominio acreditado da lingua inglesa - como mínimo, un B2 do Marco Común Europeo de Referencia.

Contía: asignación mensual máxima de 1000 € e bolsa de formación de, como máximo, 3000 €, para a realización de cursos e a asistencia a conferencias, previamente aprobadas.

Prazo: 11 de outubro de 2022
Máis información no BOE do 21 de setembro de 2022

https://www.fundacionico.es/web/guest/arte/actividades-educativas/museografia