Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022

20 Set 2022

A Real Academia Galega de Ciencias convoca os , distincións destinadas a promover e recoñecer a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento de matemáticas, física e da ciencias da computación, química e xeoloxía, bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas ou ciencias económicas e sociais, todas elas integradas na RAGC.

Concederanse premios en dúas categorías:
- traballo de investigación realizado por investigadoras e investigadores sénior, dotado con 6.000 euros e un diploma acreditativo.
- premio para incentivar a promoción de mozas e mozos investigadoras e investigadores menores de 30 anos, dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo.

Máis información https://www.ragc.gal/gl/premios-investigacion/