Igualdade e loita contra a violencia de xénero

20 Set 2022

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero.

Entidades beneficiarias
Entidades de acción social sen ánimo de lucro e a Cruz Vermella Española.
Os formularios de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código SI452A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2022.
Máis información no DOG do 20 de setembro de 2022 e en http://igualdade.xunta.gal/es