Actividades de outubro nas Casas da Mocidade de Oleiros

20 Set 2022

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de outubro.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
07, 08/10/2022 - TORNEO DE COCHES CARRERA - PORTABERTA - Horario de apertura.
14/10/2022 - OBRADOIRO DE MAQUILLAXE TERRORÍFICA - PORTABERTA - 17:00h a 20:00h.
15/10/2022 - OBRADOIRO DE COCIÑA DE OUTONO - PORTABERTA - 17:30h a 19:30h.
22/10/2022 - XORNADA DE XOGOS DE MESA - PORTABERTA - 18:00h a 22:00h.
28/10/2022 - OBRA DE TEATRO "SUITJAR E O SOLO PERDIDO", GRUPO Es3ha2 - AS PEDRAS - Ás 20:30h.
29/10/2022 - CENA BAILE DE SAMAÍN - AS PEDRAS - 20:00h a 00:00h.
DATA SEN CONFIRMAR - MOCIRADIO.

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/  na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...