Dillo a quen maltrata

19 Set 2022

O Concello de Lalín organiza o XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”

1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas.
2. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia 1, 36500 Lalín. Pontevedra), dentro dun sobre pechado no que figurará XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.org, indicando no asunto XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.
3. A temática á que deben axustarse os traballos é: “A violencia de xénero”
4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4.
5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.
6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes: contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3 puntos), expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).

O prazo para a presentación das cartas estará aberto ata o 3 de novembro de 2022.

Premios:
1º premio: Tablet 10,4” 32GB valorada en 259,00 €
2º premio: Tablet 10,1” 32GB valorada en 169,00 €
3º premio: Lector de libros tinta electrónica 6” 8GB valorado en 119,00 €

Máis información:
OFICINA DE IGUALDADE
Teléfono: 986 787 060
igualdade@lalin.org

BOP de Pontevedra do 19 de setembro de 2022 e web www.lalin.gal 

Cartas premiadas en 2021