I Premios Nacionais a Experiencias Inspiradoras para a Aprendizaxe

19 Set 2022

O Ministerio de Educación convoca os I Premios Nacionais a Experiencias Inspiradoras para a Aprendizaxe 2022

Beneficiarios/as:
Docentes de centros educativos de todo o territorio nacional, sostidos con fondos públicos, que impartan ensinos oficiais non universitarias e que desenvolvesen completamente unha Experiencia Educativa, durante o curso 2021-2022.

As experiencias que se presenten a esta convocatoria deberán ter as seguintes características:
- Que utilicen Recursos Educativos Abertos dixitais, gratuítos, que se atopen en Dominio Público, ou ben, que estean publicados cunha licenza aberta que permita a súa reutilización, modificación e redistribución.
- Que integren tecnoloxías dixitais dun modo novo para mellorar o proceso de aprendizaxe do alumnado.
- Que contribúan ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.
- Que poidan servir de inspiración para que outros centros educativos a repliquen e/o adapten ao seu contexto.

Premios:
As invitacións á cerimonia serán consideradas axuda en especie cuxo importe máximo será de 555 euros , o cal incluirá os gastos de desprazamento, ida e volta desde o lugar de orixe ata o lugar de celebración do evento, gastos de aloxamento da persoa premiada, almorzo e material promocional.

Os premios en modalidade individual serán de 4.000€ o máximo e de 1.000 euros o mínimo e en modalidade de equipo o maior premio será de 6.000€ sendo o premio máis pequeno de 4.000€ dependendo en ambos os casos da categoría que sexa.

Prazo: 7 de outubro de 2022
Máis información no BOE do 17 de setembro de 2022