Hackathon. Laboratorio de Ideas e Innovación 2022

19 Set 2022


O Concello de Ourense e a Deputación de Ourense coa colaboración da Universidade de Vigo e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia organizan Hackathon - Laboratorio de Ideas e Innovación 2022bhackathon

As persoas destinatarias do Hackathon son rapaces e rapazas interesados en compartir ideas, vivir unha experiencia única e no desenvolvemento turístico do territorio.

Para poder inscribirse será necesario:
- Ser maior de idade
- Residir en Galicia ou a rexión Norte de Portugal
- Ter ganas de compartir ideas e expor solucións

Aconséllase que os equipos sexan multidisciplinares e interxeracionais. Valorarase especialmente a equidade de xénero nos equipos.

O obxectivo é buscar solucións tecnolóxicas, deseños de proxectos ou procesos innovadores que contribúan á mellora do posicionamento de Galicia e o Norte de Portugal como destino turístico.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 deste mes e as actividades desenvolveranse ata mediados de outubro.

Os catro mellores proxectos repartiranse case 4.000 euros en premios.

Máis información:
www.hackathonemprendemakers.com 
info@hackathonemprendemakers.com