Curso de formación internacional "ONION– Intercultural Layers in Youth Work”

16 Set 2022

A OMIX de Ribadavia busca a 3 persoas maiores de 18 anos para participara no curso de formación internacional "ONION– Intercultural Layers in Youth Work”

Datas de celebración: do 4 ao 11 de novembro de 2022
Lugar do Curso: Klaffer/Hochficht (Austria)

Temática: Organízase este curso de formación para proporcionar ferramentas e métodos concretos para persoas que traballen con xuventude ou persoas involucradas no traballo con mozos ou asociacións xuvenís, para así, empoderar e perfeccionar as súas habilidades interculturais, aumento da concienciación e comprensión doutras culturas por parte das persoas participantes e difundir unha identidade europea.

No proxecto participarán 3 persoas de cada un destes 7 países: España, Austria, Italia, Grecia, Portugal, Rumanía e Bulgaria.
A data límite para enviar solicitudes é ata o 30 de Setembro.

Inscricións e máis información escribindo a omix.ribadavia@gmail.com
https://omixribadavia.wordpress.com/