Juvenes Translatores 2022

15 Set 2022

A Dirección Xeral de Tradución (DG Tradución) da Comisión Europea organiza Juvenes Translatores 2022, un concurso de tradución en liña para centros de ensino secundario da Unión Europea.

As principais fases do concurso son as seguintes:
- preparativos
- concurso de tradución en liña
- mencións especiais para as traducións máis destacadas
- cerimonia de entrega de premios aos gañadores e as gañadoras

Prazo: ata o 30 de outubro de 2022.

Data: o concurso celebrarase o 24 de novembro de 2022, entre as 10.00 da mañá e as 12.00 do mediodía.

Requisitos. Os centros de ensino secundario da Unión Europea deben:
estar situados nun país da UE,
estar recoñecidos polas autoridades educativas dun ou varios países da UE,
presentar de 2 a 5 participantes que nacesen en 2005;
ter acceso a internet,
dispoñer dos equipos informáticos necesarios

A DG Tradución avaliará todas as traducións e designará unha tradución gañadora por cada país da UE.

Convidarase os gañadores e ás gañadoras á cerimonia de entrega de premios que se celebrará en Bruxelas na primavera de 2023.

https://ec.europa.eu/info/education/skills-and-qualifications/develop-your-skills/language-skills/juvenes-translatores_es