"As cicatrices" de Jędrzej Nowicki, gañador edición 2021 "As cicatrices" de Jędrzej Nowicki, gañador edición 2021

Premio de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña

14 Set 2022

Médicos do Mundo España convoca o 26.º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña, destinado a recoñecer e divulgar os mellores traballos fotográficos que de forma singular evidencien inequidades sociais, inxustizas e/o abusos dos dereitos humanos, ou ben, as situacións que os propician ou os combaten.

Poderán participar fotógrafos e fotógrafas -profesionais ou non-, de calquera nacionalidade, maiores de idade.

Temática
As fotografías presentadas deberán narrar unha historia relacionada con algún destes temas: a saúde, os desastres naturais, a acción humanitaria, a cooperación internacional, a exclusión social, a vulneración dos dereitos humanos, os conflitos armados, os colectivos vulnerables, as poboacións refuxiadas e/o poboacións migrantes.

O prazo de admisión das solicitudes estará aberto ata o luns 31 de outubro de 2022 ás 24:00 h.

Premio
A dotación do Premio Luís Valtueña é de 6.000 euros.
A serie gañadora como as finalistas, formarán parte do catálogo e da exposición colectiva e itinerante que producirá Médicos do Mundo.
A organización pagará as viaxes e hospedaxe durante dúas noites consecutivas, para atender á cerimonia de entrega do premio e inauguración da exposición en Madrid, programada para marzo de 2023.

https://premioluisvaltuena.org/