Certame de Fotografía "Enfócate contra a violencia machista"

14 Set 2022

A Deputación de Albacete convoca o VII Certame de Fotografía 2022 "Enfócate contra a violencia machista", cuxa finalidade é recompensar aqueles traballos fotográficos que mellor contribúan á información e sensibilización para a erradicación de calquera forma de violencia contra mulleres e nenas

Premios
– Primeiro premio: 1.000 euros
– Segundo premio: 650 euros
– Terceiro premio: 350 euros

Requisitos
Poderán participar persoas maiores de 16 anos.
Cada colección presentada constará de cinco fotografas.
As imaxes deberán ser necesariamente orixinais e inéditas; non sendo premiadas noutros concursos, nin publicadas previamente.
Quen participe responsabilizaranse de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre as súas obras.
Cando nas fotografías aparezan persoas recoñecibles, estas deberán asinar un documento de cesión de imaxe que se entregará xunto coa obra.
No caso de menores de idade, deberase entregar, xunto coa obra, unha autorización asinada polo seu representante legal.
O prazo de admisión de solicitudes estará aberto ata o 14 de outubro de 2022.

Máis información no BOP de Albacete do 11 de xullo de 2022