Time to Move

13 Set 2022

Time to Move é un conxunto de eventos en liña e presenciais celebrados en toda Europa durante (non só!) outubro. As actividades están organizadas por expertos de Eurodesk que poden orientarte de forma personalizada sobre oportunidades internacionais.

Coincidindo co Ano Europeo da Mocidade, non perdas a oportunidade de participar en todas as actividades preparadas para ti, como voluntariado virtual, intercambios académicos semestrais, prácticas no estranxeiro e moito máis. Estamos preparados para planificalo contigo!

É hora de moverse! As actividades de Time to Move ofrécenche a oportunidade de prepararte para proxectos virtuais ou presenciais. Consulta os webinars, sesións informativas, oportunidades de orientación personalizadas ou actividades presenciais preto de ti e empeza a planificar.

https://timetomove.eurodesk.eu/es/