Reporteiros na Rede

13 Set 2022

A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede para fomentar a aprendizaxe das competencias globais do século XXI: o pensamento crítico, a comunicación, a investigación, a dixitalización, a innovación, a creatividade e o traballo cooperativo.

Poderán participar todos os estudantes de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos (idade límite 20 anos) de centros educativos situados en territorio español, coordinados por un profesor do seu centro.

 

Áreas temáticas

Ciencia-tecnoloxía: O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento científico e abordar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.

Mobilidade: O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sostible.

Educación financeira: O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado con coñecementos,
comportamentos e valores que permiten ás persoas e/o empresas tomar decisións financeiras na súa vida diaria.

 

Modalidades

Modalidade Artigo Escrito: os participantes individualmente ou en grupos de dous alumnos realizarán un artigo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten.

Modalidade Peza Audiovisual Curta (vídeo): os participantes en grupos de ata cinco alumnos realizarán un vídeo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten.

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2023.

Premios

Artigo escrito:
Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”:
Bacharelato e Ciclos Formativos. Premio por valor de 1.150 €.
ESO: Premio por valor de 1.150 €.

Na modalidade de “Mobilidade”:
Bacharelato e Ciclos Formativos. Premio por valor de 1.150 €.
ESO: Premio por valor de 1.150 €.

Na modalidade de “Educación Financeira”:
Bacharelato e Ciclos Formativos. Premio por valor de 1.150 €.
ESO: Premio por valor de 1.150 €.

Peza Audiovisual Curta (vídeo):
Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”: premio por valor de 1.150 €.
Na modalidade de “Mobilidade”: premio por valor de 1.150 €.
Na modalidade de “Educación Financeira”: premio por valor de 1.150 €.

Ademais dos premios outorgados aos participantes, o profesorado coordinador dos traballos premiados recibirán unha gratificación de 250 € en recoñecemento ao seu interese e dedicación.

https://www.fundacionibercaja.es/convocatorias/concurso-reporteros-en-la-red-2023/