Prazas libres na Escola de Imaxe e Son da Deputación de Lugo

09 Set 2022

A Escola de Imaxe e Son da Deputación de Lugo mantén aberto o período de inscrición, ata principios do vindeiro mes de outubro, na rama de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, con vacantes aínda dispoñíbeis.

As persoas que estean interesadas poden acceder a toda a información sobre este ciclo na ligazón da web provincial ou ben chamando ao teléfono do centro 982 284 667

https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/audiovisuais/home