Certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

09 Set 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022.
Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2022
Máis información no DOG do 9 de setembro de 2022 e en www.lingua.gal