X Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero "Ángeles Alvariño"

07 Set 2022

A Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC) convoca o X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia.

Prazo de inscricións aberto ata o 14/10/2022

REQUISITOS
Poderán presentarse os traballos de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) defendidos no curso 2021/22 en calquera das titulacións oficiais de grao e mestrado impartidas na UDC.

REMUNERACIÓN

-Primeiro premio TFG: 800 € e diploma acreditativo;
-Segundo premio TFG: Lote de libros e diploma acreditativo.
-Primeiro Premio TFM: 800 € e diploma acreditativo.
-Segundo Premio TFM: Lote de libros e diploma acreditativo

 

Máis información

Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC
Edificio de Servizos Administrativos ,15403 Campus Esteiro, Ferrol
E-mail: oficina.igualdade@udc.gal
Tlf: 881 01 11 11
Páxina web