Premio José Francisco de Querol e Lombardero

06 Set 2022

O Ministerio de Defensa convoca o Premio José Francisco de Querol e Lombardero dos Premios Defensa 2022.

Poderán concorrer ao Premio José Francisco de Querol e Lombardero dos Premios Defensa 2022, aquelas persoas físicas e persoas xurídicas sen ánimo de lucro, cuxos traballos, obras ou proxectos estean referidos á defensa, a paz, a seguridade e a historia militar, o dereito militar e outras áreas que conforman a cultura de defensa en España.

A contía total dos Premios Defensa ascende a 5.000 €

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 30 de setembro de 2022.

Máis información no BOE do 29 de xullo de 2022 e na web do Ministerio de Defensa https://www.defensa.gob.es/portaldecultura/actividades/premios/defensa/2022/Premio_Querol/