Premios "Alianza STEAM polo talento feminino, Nenas en pé de ciencia" 2022

06 Set 2022

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca os Premios Aulas pola Igualdade: Premios "Alianza STEAM polo talento feminino, Nenas en pé de ciencia" para o recoñecemento de proxectos educativos, materiais curriculares e innovacións educativas ou formativas que persigan o impulso das vocacións das nenas e mozas nas disciplinas vinculadas ás ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, en conexión coas artes e as humanidades (STEAM) no ámbito educativo.

Modalidades:
Educación Infantil e Primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
Formación Profesional de grao medio.
Formación Profesional de grao superior.
Entidades ou organizacións públicas ou privadas.

Premios:
A dotación de cada unha das 5 modalidades destes premios será de 10.000 euros, dos cales 5.000 euros corresponden ao primeiro premio, 3.000 euros ao segundo premio e 2.000 euros ao terceiro premio.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata as 23:50 horas do día 7 de outubro de 2022.

Máis información no BOE do 31 de agosto de 2022 e na web do Ministerio de Educación:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios/premios-alianza-steam.html