O Ministerio de Educación convoca o concurso nacional Unha Constitución para todos
Esta convocatoria está dirixida ao alumnado dos centros docentes que imparten ensinos non universitarios do sistema educativo español nas seguintes modalidades:
Modalidade A. 1º a 3º de Educación Primaria.
Modalidade B. 4º a 6º de Educación Primaria.
Modalidade C. ESO e Formación Profesional Básica.
Modalidade D. Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.
Convócase un premio por modalidade, que consistirá na entrega dun diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución e un premio en especie valorado en 800 €.
Requisitos:
O tema dos traballos será a “Constitución Española, unha Constitución para todos”.
Presentaranse un máximo de tres traballos por centro.
Todos os traballos que se presenten, irán acompañados da documentación que se indica no formulario de solicitude.
Poderán presentarse relatos ou poesías que deberán cumprir os seguintes requisitos: ocuparán un máximo de 100 liñas, as páxinas deberán estar numeradas e redactadas a unha cara, en tamaño A4, cun interlineado sinxelo e utilizando o tipo de letra Arial tamaño de 11 puntos. En cada redacción deberá constar o nome do alumno, o curso educativo e o nome do centro. Presentaranse en formato PDF e a capacidade máxima será de 5 Mb para cada un deles.
Os traballos serán individuais.
Deberase achegar un certificado do director/a do Centro onde conste a aprobación para a inscrición do Centro nesta convocatoria e o alumnado participante.
Premios
- Un diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución, e un premio en especie para cada modalidade por un importe máximo de 800 euros.
- O Ministerio de Educación e Formación Profesional achegará como máximo a contía de 5.000 euros, destinados ao aloxamento, viaxe e manutención do alumnado gañador acompañado dos seus pais/titores legais e do director do centro, para a asistencia á entrega de premios.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do 10 de outubro de 2023
Máis información no BOE do 5 de setembro de 2023 e na web de Educación https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios.html