Os centros educativos de toda Galicia xa poden reservar praza na Aula Newton da Tecnópole.

06 Set 2022

Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica gratuíta que Tecnópole promove entre os centros educativos de Secundaria de Galicia. Está organizada conxuntamente entre Xunta de Galicia, Boeing, First Scandinavia e Tecnópole.

Esta aula ofrece formación en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas mediante dinámicas prácticas de forma que os estudantes teñen acceso a equipos que lles permiten explorar, debater, reflexionar e colaborar nas materias STEM.

Está aberta os xoves e venres durante o curso escolar en horario de 10:00h a 13:00h e dirixida a estudantes de 2º ESO - 1º BAC. Os centros educativos de toda a xeografía galega xa poden reservar en liña praza na Aula, que este ano duplica a súa oferta e pon o foco no ámbito aeroespacial. O prazo de inscrición, que é de balde, estará aberto na súa primeira quenda, que se celebra de outubro a decembro.

 

Máis información

Sabela Bouzo / Beatriz Monfort | Edificio CEI, San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
Tel.: 988 36 81 00
Páxina web
aulanewtongalicia@tecnopole.es