Encontro Nacional de Participación Xuvenil en Europa

01 Set 2022

A asociación Kaebnai, baixo a supervisión da Axencia Nacional Española e a Dirección de Mocidade do Goberno Vasco, organiza en Hondarribia (Guipuzcoa) un encontro nacional de persoas novas, técnicas e responsables de políticas de mocidade que impulsan accións de participación xuvenil en Europa financiado a través do programa Erasmus+

O obxectivo deste proxecto, é organizar un encontro de 7 días de duración para 40 mozos e mozas de diferentes comunidades autónomas así como persoas expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade.

O evento está baseado nun conxunto de actividades de educación non-formal con obradoiros teórico-prácticos. Implicando tanto a mozos como a persoas expertas e responsables de políticas de mocidade que impulsen accións de participación xuvenil en Europa.

DATAS

Desde o 08/11/2022 ata o 14/11/2022

INSCRICIÓNS

Poden realizarse ata o 11/09/2022 a través do seguinte formulario.

DESTINATARIOS/AS

Mozos e mozas de diferentes Comunidades Autónomas, persoas voluntarias, expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos nas datas de realización do evento.

CUSTO DO PROXECTO

Todos os custos do proxecto durante o desenvolvemento da actividade (aloxamento, manutención e transporte) están cubertos polo programa "Erasmus+: Mocidade", así como o transporte de ida e volta desde a orixe de cada participante á localización do proxecto.

 

Programa

Páxina web