Renfe abre o rexistro previo de usuarios na súa web e aplicacións móbiles para facilitar a obtención dos bonos a través de internet, as máquinas autoventa ou os despachos de billetes.
As bonificacións do 100% están dirixidas a usuarios recorrentes que realicen polo menos 16 viaxes entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022.
Trátase dunha iniciativa que impulsa ao máximo o uso deste tipo de transporte público colectivo para garantir a mobilidade obrigada cotiá cun medio de transporte seguro, fiable, cómodo, económico e sostible, nunha conxuntura extraordinaria de incremento sostido dos prezos da enerxía e os combustibles.
Recomendacións para a solicitude dos abonos:
- Descargar a App de Renfe Proximidades e obter o teu abono por esta canle.
- Anticipar a túa chegada á estación para validar a túa viaxe.
- Evitar as horas punta.
- Conservar o QR ou a tarxeta durante todo o período de vixencia do teu abono.
- Adquirir o abono preferiblemente con tarxeta de débito ou crédito.
Podes realizar o teu rexistro mediante esta ligazón.
Máis información
Teléfono: 91 919 15 67