Actividades nas Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras no mes de Setembro

22 Ago 2022

Desde as Casas da Mocidade de Oleiros - Portaberta e As Pedras - publican o seu cartaz de actividades para o mes de SETEMBRO.

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

O prazo de inscricións aberto desde o luns 22 de Agosto ás 18:00 horas. A inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

ACTIVIDADES

10/09/2022 - XORNADA DE KAIAK - PRAIA DE MERA - 1ª quenda: 09:00h a 10:15h. 2ª quenda: 10:30h. a 11:45h.

10/09/2022 - XORNADA DE PADDLESURF - PRAIA DE MERA - 1ª quenda: 12:00h a 13:15h. 2ª quenda: 13:30- 14:45

16/09/2022 - OBRADOIRO DE PUNCH NEEDLE - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.

18/09/2022 - II ENCONTRO MOCIDADE VOLUNTARIA - CÚPULA DE MERA - 11:00h a 20:00h.

20, 22 e 27/09/2022 - CURSO DE MEDIACIÓN DE DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS - AS PEDRAS - 17:00h a 19:30h.

30/09/2022 - OBRADOIRO DE COCIÑA DOCE - PORTABERTA - 18:00h a 20:00h.

TODO O MES DE SETEMBRO: DISPOÑIBLE UNHA PISTA DE COCHES CARRERA - PORTABERTA- HORARIO DE APERTURA.

MOCIRADIO.

 

Máis información

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros

Web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com