12 de agosto, Día internacional da Xuventude

12 Ago 2022

O 12 de agosto celebramos o Día Internacional da Xuventude, unha data promovida pola ONU que busca recoñecer os esforzos dos mozos e mozas do mundo na mellora da sociedade global e promover formas de involucrar á xuventude para que participen máis activamente na sociedade que os e as rodea.

A Xunta de Galicia pon en valor o importante papel da mocidade na sociedade, nos procesos de cambio, o seu compromiso e talento...hoxe celebramos as habilidades e o potencial da nosa mocidade.

Cada ano, a campaña do Día Internacional da Xuventude conta cun tema diferente, sendo o deste ano: "Solidariedade interxeracional: Creando un mundo para todas as idades".

Bo día a todos e a todas!

 Ligazóns de interese

Instituto de la Juventud

Naciones Unidas

Outras comunicacións