Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU da Uvigo, 2021/2022

10 Ago 2022

A Universidade de Vigo convoca estes premios que teñen como obxecto o recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado oficial realizados polo estudantado da UVigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social.

INSCRICIÓNS
Ata o 30 de Setembro de 2022


REMUNERACIÓN
A contía máxima de cada premio será a escoller pola persoa beneficiaria entre:

  • Un premio en metálico de 500 €
  • Os prezos da matrícula (académicos e administrativos) de mestrado oficial para o curso 2022/2023 na UVigo

 

LIGAZÓNS DA CONVOCATORIA 

Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es

Teléfono: 986814094

Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=28102389

Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/973