Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

10 Ago 2022

O Diario Oficial de Galicia, DOG, publica hoxe a convocatoria para solicitar as bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, CSHG para o curso 2022/2023.

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula común por titulación do 80% ou do 50% sobre o prezo total.

Deste xeito, convócanse 6 bolsas co 80% de desconto no prezo da matrícula e 15 co 50% de desconto para cursar o primeiro curso do grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.

PRAZO

10 de Agosto de 2022 ata o 09 de Setembro de 2022

REQUISITOS

  • Alumnado que reúna os requisitos académicos e económicos que establece a convocatoria e teñan feito, se procede, a reserva de praza.
  • Nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea.
  • Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.
  • Matricularse por primeira vez no primeiro curso da titulación do CSHG para o que se pide a bolsa.
  • Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.
  • Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos.
  • Non superar determinados límites de renda recollidos na convocatoria.

 

CONTACTO - Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Enderezo: Carretera Santiago-Noia km 1, A Barcia. 15897 Santiago de Compostela

Teléfonos 981 54 25 19 e 981 54 25 59

Correo electrónico: informacion.cshg@xunta.gal

Publicación: DOG 09/08/2022

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TU200A