IV premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe

28 Xul 2022

A Asociación Sindical Galega de Guionistas convoca o IV Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe.

O premio estará aberto a todos os autores maiores de idade que o desexen, de calquera nacionalidade, que residan no territorio español.
Os guións presentados deberán estar escritos en lingua galega e para longametraxes de ficción. A temática das obras será libre, pero valorarase que a acción transcorra en Galicia.
Non se admitirán sinopses, tratamentos ou guións inacabados. As obras deberán ter formato profesional e estar inscritas no Rexistro da Propiedade Intelectual.
Os autores deberán garantir que a súa obra é orixinal e inédita.
As obras presentaranse baixo plica mediante envío á dirección de correo electrónico “coordinacion@guionistas.gal”. A persoa que exerce a coordinación de AGAG será a encargada da recepción da documentación e fará acuse de recibo de cada correo. No asunto do email especificarase “IV Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe” e adxuntaranse cinco arquivos en formato PDF:
a) Guión: Na portada debe figurar soamente o título do guión e o pseudónimo. O nome do arquivo debe ser o TÍTULO DA OBRA en maiúsculas. (PDF)
b) Plica: O nome do arquivo debe ser TÍTULO DA OBRA_PLICA. Conterá os seguintes datos persoais: Título da obra, pseudónimo, nome e apelidos dos autores do guión, dirección postal completa, teléfono, correo electrónico, nomes de usuario en redes sociais (se tivese). (PDF)

O premio contará cunha dotación económica de 2.000 €
O prazo de admisión dos guións estará aberto ata o 1 de novembro do 2022.

http://guionistas.gal/novas/bases-do-iv-premio-daniel-dominguez-de-guion-en-galego-para-longametraxe/