Congreso XoveTIC

28 Xul 2022

O Congreso XoveTIC organizado polo Centro de Investigación (CITIC) da Universidade da Coruña xa ten aberto o rexistro de asistencia á nova edición deste evento de promesas da investigación tecnolóxica, a quinta edición, prevista para os días 5 e 6 de outubro na propia sede do CITIC e máis na Facultade de Informática da UDC.

Trátase dunha destacada e referencial cita para mostrar e reivindicar o talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores. O lema desta edición será En 2022 vémonos, pois tras dous anos de celebración virtual, o congreso retoma o formato presencial das primeiras edicións.

https://xovetic.citic.udc.es/