Residencias da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)

15 Xul 2022

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria dispón de varios centros de formación da familia agroforestal, entre os cales, o Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), o CFEA de Sergude (Boqueixón), o CFEA Pedro Murias de Ribadeo e o CFEA de Becerreá dispoñen de residencias de estudantes que prestan un servizo complementario ao desenvolvemento educativo da poboación do medio rural, que permite potenciar o acceso á formación continua e aos dos ciclos de formación profesional agraria de grao medio e grao superior seguintes:

CFEA Lourizán:
Ciclo Formativo de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.
Ciclo Formativo de Grao Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural.

CFEA Sergude:
Ciclo Formativo de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.
Ciclo Formativo de Grao Medio en Produción Agropecuaria.
Ciclo Formativo de Grao Superior en Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal.
Ciclo Formativo de Grao Medio en Produción Agroecolóxica.
CFEA Pedro Murias:
Ciclo de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural (FP Dual).

CFEA Becerreá:
Ciclo Formativo de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.
Ciclo Formativo de Grao Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural.

oferta de prazas para o curso 2022/23 por centro é a seguinte:

cadroo3

Persoas beneficiarias:
a) Ser cidadás de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.
b) Ter feitos os 18 anos de idade o día de comezo do uso da residencia no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter feitos os 16 anos de idade no ano da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.
c) Estar matriculado no centro solicitado durante o curso escolar.

Tipos de prazas:
a) Residencia en pensión completa.
b) Comedor para o curso completo.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, co formulario MR207A
prazo de presentación das solicitudes será do o 18 de xullo ao 29 de xullo de 2022.
Máis información no DOG do 15 de xullo de 2022