Queres comprar unha bicicleta eléctrica?

15 Xul 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade que compren bicicletas novas con pedaleo asistido en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

cadroo4

Axuda máxima por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido:

cadroo5

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de agosto de 2022, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal

Máis información no DOG do 15 de xullo de 2022