Premios de Curtametraxes e videoclips de contido prosocial para Mocidade creadora

14 Xul 2022

A Fundación Framguad convoca os XVIII Premios de Curtametraxes e videoclips de contido prosocial para Mocidade creadora

Poderán participar toda a mocidade con idades comprendidas entre os 10 e os 22 anos, incluídos os de ambas as idades.

Tema: Calquera de contido prosocial (aquel que exprese sentimentos e comportamentos potenciadores dunha convivencia harmónica entre as persoas e a defensa dos Dereitos Humanos), con preferencia: igualdade, inclusión, empatía, compaixón, perdón, e axuda eficaz á persoa que sofre acoso ou violencia de todo tipo.

Formato e forma de presentación: Os traballos presentados terán necesariamente que desenvolver unha gravación comprendida entre os 2 e 20 minutos de duración, sen incluír os títulos de crédito. O material empregado debe ser adecuado ao sistema DVD, aínda que se admitirán outros formatos de uso doméstico (pendrive) ou os enviados a través da plataforma de Google Drive mandando un arquivo adxunto ao correo inpa.framaguad.prosocial@gmail.com. Poderanse presentar todos os traballos que se desexen, tanto realizados individualmente como en equipo e en ningún caso documentais ou traballos que fosen premiados noutros certames ou concursos.

É necesario que non apareza no correo ningún dato identificatorio do/da autor/a.

No caso de ser un dos relatos premiados, a fundación comunicarao mediante correo electrónico e pediranse os datos persoais do/a autor/a.

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 5 de decembro de 2022.

Premios: Un primeiro premio de 400 €, un segundo de 200 € e un accesit en cada unha das convocatorias.

Todos os/as concursantes poderán presentarse cantas veces o desexen, mesmo nas distintas convocatorias dunha mesma edición, pero sempre o farán cunha curtametraxe nova.

http://www.fundacioninpaframaguad.org/premios/