III Concurso de Microrrelatos de Gadis

13 Xul 2022

Gadis convoca o III Concurso de Microrrelatos coa temática Os soños, cun máximo de 100 palabras ata o 31 de agosto de 2022.

O obxectivo do concurso é a publicación dun libro que estará composto polos microrrelatos seleccionados, de entre todos os que participen.

De entre todos os relatos seleccionados para conformar o libro, escolleranse tres relatos gañadores.

A modalidade de participación é en liña na web https://www.gadismicrorrelatos.com.

O prazo participación estará aberto ata as 23:59 horas do 31 de agosto de 2022.

O nome dos autores dos tres relatos gañadores comunicarase o 15 de setembro de 2022.

O libro publicarase en outubro 2022

Requisitos
A temática dos relatos participantes será "Os soños".
Todos os relatos deberán conter entre 3 e 100 palabras.
O idioma é o galego ou o castelán.
O formato para incorporar o relato será mediante un formulario na web do concurso.
Os relatos deberán ser completamente orixinais. Non están permitidas as obras derivadas doutras obras pre existentes.
Os relatos presentados ao concurso deberán ser inéditos.
Os relatos non poden presentarse a ningún tipo de certame ou concurso previo, nin aínda se nos devanditos certames ou concursos non resultaron gañadoras.
Quedarán excluídos de participación os relatos de mal gusto, obscenos, mal sonantes ou que resulten violentos ou agresivos, especialmente para colectivos protexidos ou vulnerables. Calquera apoloxía á violencia, especialmente á violencia de xénero, supoñerá a eliminación automática.

Premios:
Primeiro Premio: Apple iPad (2021 9ª xene), 64 GB, Gris espacial, Wifi, 10.2", Retina, Chip A13 Bionic, iPadOS
Segundo Premio: Telescopio Celestron PowerSeeker 114 EQ, Reflector, Negro
Terceiro Premio: eReader - Amazon Kindle Paperwhite 2021, 6.8", 300 ppp, 8GB, Wi-fi, Impermeable, Con publicidade, Negro

https://www.gadismicrorrelatos.com/es/bases-legales