Bolsas Adecco para estudantes con discapacidade

13 Xul 2022

Fundación Adecco lanza a súa V Convocatoria de Bolsas de FP, Grao e Máster, así como a I Convocatoria de Axudas Complementarias a estudantes de FP, Grao e Master, coa finalidade de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

Poderá solicitar a adhesión ao Programa calquera persoa:
- Nada entre 1992 e 2006
- Matriculada en Universidade pública ou privada en estudos de Grao ou de Máster ou en Centro de FP en estudos de Grao Medio ou Grao Superior.
- Con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% en vigor emitido por unha Comunidade Autónoma española.

As solicitudes deberán ser rexistradas a través da web de Fundación Adecco ata o 30 de setembro de 2022.
As bases da convocatoria e requisitos, están dispoñibles na web https://fundacionadecco.org/becas-y-ayudas/