"Si las gotas de lluvia fueran de caramelo..." Luis Fernando Quintero "Si las gotas de lluvia fueran de caramelo..." Luis Fernando Quintero

Concurso de Fotografía “As persoas con discapacidade na vida cotiá”

12 Xul 2022

O Instituto para a Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca e a Fundación Aliados pola Integración abren o prazo de presentación de fotografías para a XX Edición do Concurso de Fotografía Internacional “As persoas con discapacidade na vida cotiá”.

Este certame ten como obxectivo sensibilizar á sociedade a través da fotografía, mostrando unha imaxe normalizada e integradora das persoas con discapacidade. Deste xeito, preténdese ofrecer imaxes positivas, desde a perspectiva das súas propios protagonistas, que permitan a reflexión, empatía, e identificación coas persoas con discapacidade.

Os traballos deberán axustarse ao tema proposto: “As persoas con discapacidade na vida cotiá”.

Poderán presentarse un máximo de tres fotografas por participante, en cor ou en branco e negro, e en formato dixital independentemente da forma en que foron capturadas. Aceptaranse os seguintes formatos: .jpg; .tif; .psd e .bmp. Non se aceptarán traballos cun tamaño inferior a 1 mega, ou 13×18 cms. con 150 pixeles de resolución.

O prazo de recepción de traballos estará aberto ata o 6 de novembro de 2022.

Para enviar as fotos hai que rexistrarse previamente nesta web.

As fotografías presentadas deberán ser inéditas, non aceptándose aquelas que xa participasen noutros concursos ou que fosen premiadas con anterioridade.

Poderá participar neste premio calquera persoa mayore de idade, de calquera nacionalidade e residencia.

Premios
Primeiro premio: 2.500 €
Segundo premio: 1.500 €
Terceiro Premio: 1.000 €

https://inico.usal.es/xx-concurso-de-fotografia-convocatoria-2022/