Premios de Creación Literaria SELIC 2022

08 Xul 2022

O Concello de Santiago de Compostela convoca os Premios de Creación Literaria SELIC 2022.

O obxectivo principal desta convocatoria é incrementar a presenza da cidade na literatura galega e, con este fin, outorganse tres premios para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio.

O prazo de recepción de solicitudes estará aberto atra o 10 de setembro de 2022

As obras que opten aos premios deberán ter as seguintes extensións:
- Narrativa e ensaio un mínimo de 150.000 caracteres (incluídos espazos)
- Poesía un mínimo de 300 versos.
- Teatro un mínimo de 50.000 caracteres (incluídos espazos).
Os textos deberán ser inéditos e terán a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra.

O premio terá unha dotación de 6.000 euros e un accésit de 1.500 euros.

http://selic.gal/gl/premios-sel