Bolsas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

06 Xul 2022

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia convoca 14 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito da súa actuación.

A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.100 euros mensuais.

Modalidades:
  Graduados/as en Economía ou Empresa. Sede de Madrid: 5 bolsas. Sede de Barcelona: 1 bolsa.
  Graduados/as en Dereito. Sede de Madrid: 5 bolsas.
  Graduados/as en enxeñería. Sede de Madrid: 1 bolsa.
  Graduados/as en Xornalismo. Sede de Madrid: 2 bolsas.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de agosto de 2022.
Máis información no BOE do 6 de xullo de 2022 e em http://www.cnmc.es/