Programa Muller 22

05 Xul 2022

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca o Programa Muller 22, incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

Os incentivos serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.

Poderán ser entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as cooperativas e as sociedades laborais, que contraten por conta allea mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ata o 30 de setembro de 2022.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario TR770A
Máis información no DOG do 4 de xullo de 2022