DixitalWeek

05 Xul 2022

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para que os centros educativos sostidos con fondo públicos soliciten participar no novo programa formativo inmersivo DixitalWeek. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para que un total de 2.275 alumnas e alumnos de 6º de Primaria e ESO melloren as súas competencias en comunicación lingüística en inglés e dixitais.

A actividade desenvolverase durante o primeiro trimestre do curso escolar 2022/23 no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña) en quendas dunha semana de duración en réxime de internado, coa seguinte distribución:

cadro2

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 9 de setembro e deberá realizarse a través da aplicación informática correspondente.

A actividade será de balde para as familias.