Froitas frescas, castañas e leite en centros escolares

04 Xul 2022

O Fondo Galego de Garantía Agraria convoca axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares que pertenza aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil de segundo ciclo.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio.

A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:
1º período: de novembro de 2022 a febreiro de 2023 (ambos incluídos).
2º período: de marzo a xuño de 2023 (ambos incluídos).

Poderán solicitar a axuda os centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ata o 20 de setembro de 2022.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario MR265B
Máis información no DOG do 4 de xullo de 2022