Bono alugueiro mocidade

30 Xun 2022

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade para facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos

Poderán beneficiarse desta axuda as persoas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.

b) Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.

c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda. 

d) Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.

e) Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou a arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

Non obstante, só se terán en conta as rendas anuais da persoa solicitante nos seguintes supostos:
– No de alugamento de habitación.
– No caso de que na vivenda convivan, ademais da persoa solicitante, outra/s persoas e concorran os seguintes requisitos:
Que no momento de solicitar a axuda ningunha das persoas que conviva na vivenda teña entre si parentesco en primeiro grao de consanguinidade ou ben que todas elas teñan menos de 36 anos.
Que todas elas subscriban o contrato de alugamento.

f) Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento.

Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das que teñan a súa residencia habitual e permanente na vivenda obxecto do contrato ou compromiso de alugamento ou de cesión de uso se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a) Ser persoa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora ou cedente da vivenda.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora ou cedente.


Renda ou prezo de cesión.
1. A renda mensual da vivenda ou o prezo de cesión da vivenda obxecto do contrato de alugamento ou de cesión non poderá superar o seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:

cadro

 

Contía e duración das axudas
Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.

A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario VI482E.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2022 ou ata esgotar o orzamento.

Máis información no DOG do 30 de xuño de 2022 e en https://igvs.xunta.gal/