Actividades nas Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras no mes de xullo

29 Xun 2022

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de xullo.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
01/07/2022 - KAIAK - SANTA CRISTINA - 1ª quenda: 09:00h a 10:15h. 2ª quenda: 10:30h. a 11:45h.
01/07/2022 - PADDLESURF - SANTA CRISTINA - 1ª quenda: 12:00h a 13:15h. 2ª quenda: 13:30h. a 14:45h.
01/07/2022 - INAUGURACIÓN TEMPADA DE VERÁN - AS PEDRAS - 20:30h.
09/07/2022 - MOCIRADIO - 10:00h a 13:00h.
14/07/2022 - XORNADA DE SALVAMENTO ACUÁTICO - SANTA CRISTINA - 11:00h a 14:00h.
21/07/2022 - XORNADA DE SALVAMENTO ACUÁTICO - BASTIAGUEIRO - 11:00h a 14:00h.
26/07/2022 - VELADA E PERNOCTA - AS PEDRAS - 22:00h a 12:00h.

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...