A Fundación Equipo Humano pon en marcha o seu Programa Integrado de Emprego (PIE), dirixido a mulleres menores de 30 anos, residentes na Coruña ou alrededores, desempregadas e que non posúan unha titulación universitaria.
Os contidos do presente programa abarcan as seguintes temáticas: Intermediación laboral, formación especializada, formación transversal en liña, orientación personalizada, prácticas en empresas.
CANDO:
De principios de xullo ao 22 de novembro de 2022.
INSCRICIÓNS:
Ata o 30/06/2022
PREZO:
Gratuíto.
PÁXINA WEB:
https://programaintegradodeemprego.org/
CONTACTO:
Tel.: 671 485 863 / galicia@fundacionequipohumano.es