Convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias universitarias públicas dos campus da Coruña e Ferrol, curso 2022/23

16 Xun 2022

A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e de Ferrol para o curso académico 2022/2023

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes que permanecera aberto desde o 17 xuño ata as 14:00 h do 15 de xullo.

Como solicitar a miña praza?

  • Alumnado de continuación de estudos: Plataforma para solicitudes
  • Alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC: debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formulario. Deberán asinalo, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, e presentalo xunto coa documentación requirida na convocatoria en:

- A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);

- Ferrol: no Negociado de Asuntos Xerais, Edificio de Usos Administrativos, 1º piso (campus de Esteiro);

-  ou por calquera dos procedemientos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Convocatoria de  prazas  nas Residencias Públicas da UDC

Información sobre aloxamento

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: axudas.aloxamento@udc.es co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".

Consultas sobre as residencias: A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es Tel.: 881 024 003 / Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es Tel.: 981 337 400